FOGAR DO SANTISO, S.L. é o responsable do presente sitio web www.peregrina.gal e, en diante tamén “o Responsable”, quen pon ao dispor dos usuarios o presente documento para dar cumprimento ás obrigacións contidas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico ( LSSICE), BOE  N º 166, así como informar a todos os usuarios dos sitios web respecto a cales son as condicións de uso dos mesmos.

O presente documento ten por obxecto regular as condicións xerais polas que se rexe toda persoa que acceda a estes sitios web, considerado como usuario, quen ao navegar por eles comprometese á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí contidas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación. Xa que logo, debe ler atentamente tanto estas condicións como as que regulan as distintas páxinas ou apartados, así como a política de privacidade e a política de cookies, e acepta o sometemento ás mesmas cada vez que acceda.

En caso de non estar consonte calquera das condicións aquí establecidas non deberá facer uso das páxinas web.

FOGAR DO SANTISO, S.L. resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer nos sitios web, sen que exista obrigación de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigacións, entendéndose como suficiente coa publicación nos sitios web de FOGAR DO SANTISO, S.L.